Un inquérito predí que o PP fracasará no asalto ás alcaldías de Pontevedra, Lugo e A Coruña
É un traballo demoscópico realizado por GAD3 para o diario monárquico ABC, unha cabeceira que orbita claramente arredor do PP.
ABC tamén se suma á onda pro Ciudadanos, mentres La Voz marca distancias con Rivera
O diario monárquico xa mostrara a súa debilidade pola formación laranxa ao publicar unha entrevista con Inés Arrimada en plena xornada de reflexión.
O xefe de redacción da RG, sobre a marcha do domingo: "Saíron ás rúas coas súa pancartas e o seu odio"
O xefe de Redacción da Radio Galega, Luís Ojea, ten unha columna no ABC. A súa última entrega titúlaa "Carroñeiros da desolación" e nela deita grosas descualificacións sobre a multitudinaria manifestación deste domingo convocada pola Plataforma contra a Lei de Depredación de Galiza: "Saíron á rúa coas súas pancartas e o seu odio".
A enquisa do ABC dálle a maioría ao bloque PP-Ciudadanos e 2 escanos ao BNG
O xornal ABC e a COPE veñen de publicar un novo inquérito que lle dá maioría ao bando conservador: 128 deputados ao PP e 55 ao partido de Rivera, contra os 88 do PSOE e os 37 de Podemos. Pola banda galega, o BNG conservaría os seus dous deputados.
O periódico sabonita, contra Galiza Nova
Incansábel, o espía na campaña, o simpar Cosme Torreiro, continúa a rastrexar as páxinas da imprensa sistémica e a ver/ouvir as emisións audiovisuais dos media hexemónicos, eses tan conectados cos poderes financeiros.
O TSXG desmente a ABC: o xuíz non ordenou ningunha detención
O gabinete de comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza emitiu un comunicado para esclarecer que non se ordenara ningunha detención e para informar de que o xuíz encarregado da investigación do sinistro non vai facer pública a listaxe de persoas falecidas.
Recrúa a guerra na direita mediática: El Mundo acusa a ABC de pactar a pergunta a Rajoy
Rajoy levaba a resposta escrita. Moncloa saltou os usos e costumes das conferencias de imprensa e outorgou o direito a perguntar ao ABC.
Bieito Rubido, ex da Voz, e director de ABC, di que Madina simpatiza máis con ETA que co PP
'ABC' ilustra o "fascismo puro e ma-duro" de Venezuela cunha imaxe da represión en Exipto
O xornal conservador español atribúe ao chavismo "un ronsel lamentábel de morte e destrución" que ilustra coa imaxe máis coñecida da violencia do exército exipcio: varios militares arrastran polo chan unha muller seminúa. A denuncia pública da manipulación obrigou a retirar a noticia
Causa Galiza abre accións xudiciais contra o ABC por a incluír no organigrama de Resistencia Galega
A plataforma informa que iniciará accións legais contra o medio español que, “utilizando a intoxicación informativa, se coloca ao servizo dun novo deseño represivo contra o independentismo”
A irmá de Fraga emprende desde o 'ABC' unha cruzada contra o dereito das mulleres a decidir
Publica unha Carta ao director en que informa de que se lle ofreceu voluntaria a Rajoy para "ler no Congreso e no Senado os nomes dos máis de 1.700.000 bebés asasinados silenciosa e legalmente polo aborto en España desde 1985". Aproveitou tamén para lle pedir que "acabe con este masacre" e modifique a lei de 2010