Venezuela amplía verificación do voto das eleccións para mostrar que non hai irregularidades

O Consello Nacional Electoral de Venezuela acordou ampliar a auditoría de verificación ao 46% das caixas de resgardo (por lei, o día dos comicios fíxose no 54%) para deixar claro que non hai irregularidade posíbel e para “aillar os sectores violentos que procuran lesionar a democracia”

 

Nicolás maduro
photo_camera Nicolás maduro

O día das eleccións, e de acordo comarco xurídico vixente en Venezuela, realízase unha auditoría de verificación cidadá do 54% das caixas de resgardo. Un procedemento ligado ao sistema electoral venezolano e que, como sinalan organismos internacionais, é un dos máis garantistas do mundo.

O Consello Nacional Electoral ven agora de decidir que se extenda esa auditoría ao 46% das caixas restantes, unha decisión adoptada para mostrar a legalidade dos comicios e o seur esultado, que deu vitoria a Nicolás Maduro, e, tamén, para aillar aos sectores violentos que queren lesionar a democracia”.

Non é,en todo caso, un novo escrutinio, aclaran desde o CNE, “pois non houbo impugnación dos comicios”. O voto e o escrutinio é un proceso electrónico e para se facer un reconto tense que impugnar perante o Tribunal Supremo de Xustiza. Esta decisión do CNE, porén, non afecta ao proceso de toma de posesión de Nicolás Maduro, que se levará a cabo esta sexta feira. O candidato da oposición, Capriles, xa dixo que se mostraba satisfeito con esta decisión.

Solidariedade desde Galiza

Compostela e Vigo acolleron esta quinta feira concentracións de solidariedade coa revolución bolivariana e de apoio a Nicolás Maduro. 

Comentarios