Imprimir

A Xustiza respalda a venda da participación de Sacyr en Itínere

Redacción | 13 de xaneiro de 2020

Autopista AP-9 ao seu paso polo concello de Pontedeume. (Itínere)
Autopista AP-9 ao seu paso polo concello de Pontedeume. (Itínere)
Un xuíz desestima o recurso presentado por Globalvía contra a decisión de Sacyr de vender a súa participación no xestor de autoestradas ao fondo Corsair.

Nova vitoria para o fondo Corsair na súa batalla con Globalvía para facerse co control do xestor de autoestradas Itínere, propietario, entre outras, da AP-9, AG-55 e AG-57. A construtora Sacyr vén de recibir o aval dun xuíz á operación pola que en febreiro do pasado ano vendeu a Corsair a participación de 15,5% que tiña na empresa de autoestradas.

O Xulgado de Primera Instancia número 82 de Madrid desestima a demanda que Globalvía presentou contra esta transacción. A batalla pode continuar aínda na Audiencia Provincial, xa que Globalvía, que controla 40,4% de Itínere, pode recorrer o fallo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/economia/xustiza-respalda-venda-da-participacion-sacyr-itinere/20200113152920089493.html


© 2020 Nós Diario