Autoxestión veciñal

A loita pola auga no rural

Comunidades veciñais do sur de Galiza vén como se lles denega a renovación da concesión para as traídas de augas que, con fondos e medios propios, construíron e estenderon nos 60, 70 e 80 para achegar este servizo (e dereito) a zonas que carecían da mesma. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 257.

Corte de auga

Na Galiza hai perto de 650 mil persoas que obteñen a auga quer de pozos quer a través de comunidades de augas veciñais. Non é unha cifra modesta, estamos a falar de por volta do 25% da poboación galega. Unha situación que deriva da combinación de dous factores: a dispersión poboacional do noso país –30 mil núcleos de poboación, o 40% dos existentes no Estado español– e a particular orografía do noso territorio. Ambas as dúas circunstancias obrigaron historicamente a veciñanza a, de querer ter un servizo e dereito básico como a auga, ter ela propia que dotarse de medios para obtela, pois non podían agardar pola administración.

5Isto levou a que miles de núcleos na Galiza teñan auga grazas ás comunidades de traídas veciñais. Foron elas as que puxeron cartos, medios e esforzos para dotar de auga non poucos lugares ao longo e ancho do país. As comunidades de traídas foron claves para o rural galego. Impulsaron nos 60, nos 70 e mesmo nos 80 procesos para garantir subministro de auga neses núcleos onde non había.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 257, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios