Imprimir

A galega Adiaratou Iglesias, subcampioa dos 100 metros lisos no Mundial Paralímpico

H. Pena | 12 de novembro de 2019

[Imaxe: IAAF] Adiaratou Iglesias
[Imaxe: IAAF] Adiaratou Iglesias

A velocista, afincada en Lugo desde hai cinco anos, cando fuxiu da súa Mali natal pola persecución á que era sometida pola súa condición de albina, logrou un tempo de 11:99 na categoría T12 de discapacitados visuais, e a piques estivo de lograr o ouro, que recaeu na cubana Omara Durand por tan só 33 centésimas.

A deportista galega Adiaratou Iglesias é a nova subcampioa mundial dos 100 metros lisos na categoría T12 de discapacitados visuais. A atleta conseguiu a medalla de prata no Mundial de Atletismo adaptado que se celebra na localidade de Dubai (Emiratos Árabes Unidos).

A velocista, afincada en Lugo desde hai cinco anos, cando fuxiu da súa Mali natal pola persecución á que era sometida pola súa condición de albina, logrou un tempo de 11:99, e a piques estivo de lograr o ouro, que recaeu na cubana Omara Durand por tan só 33 centésimas.

Por se non fora bastante fazaña, tamén se clasificou para a final na categoría dos 200 metros lisos, gañando a súa serie con autoridade e rompendo o récord galego ao fixar o cronómetro en 24:58.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/galega-adiaratou-iglesias-subcampioa-mundial-100-metros-mundial/20191112170837086769.html


© 2020 Nós Diario