Chile decide este domingo o seu futuro constitucional

Este domingo, 25 de outubro, terá lugar en Chile o plebiscito consitucional adiado pola pandemia no mes de abril.
Miles de persoas maniféstanse para celebrar o primeiro aniversario daMiles de personas celebran el primer aniversario do inicio das protestas sociais en Chile.
photo_camera Miles de persoas maniféstanse no primeiro aniversario do inicio das protestas sociais en Chile (José Francisco Zúñiga).

Case 15 millóns de chilenos e chilenas están acreditadas para responder este domingo á consulta, mediante votación, sobre a posibilidade de que o seu país conte cunha nova Constitución.

O plebiscito, previsto para o pasado 26 de abril, tivo que ser adiado por mor da pandemia da Covid-19. Na practica é o resultado dun amplo consenso asinado no Congreso na madrugada do 15 de novembro do ano pasado, no medio dunha serie de protestas e manifestacións pacíficas, mais tamén de altercados públicos consecuencia do estalido social do 18 de outubro.

Aprobo ou rexeito

Os electores terán que decidir se aproban ou rexeitan o inicio dun proceso para a redacción dunha nova Constitución, a cargo ben dunha Convención Constitucional -paritaria, integrada por cidadáns electos para este propósito- ben dunha Convención Mixta -formada por 86 cidadáns electos e 86 parlamentarios designados polo Congreso-, unha escolla que tamén recolle o sufraxio.

De ganar o 'rexeito', en Chile seguirá vixente a Constitución actual, de 1980, redactada e baixo o réxime militar de Pinochet. De triunfar o 'aprobo' abrirase un procedemento para a redacción dun novo texto constitucional  que ha de ser consensuado e ratificado.

O presidente de Chile, Sebastián  Piñera, condenou nos últimos días os actos de violencia rexistrados durante o primeiro aniversario do estalido social no país. Nese sentido, asegurou que non permitirá que "algúns grupos minoritarios" violentos impidan que o plebiscito deste domingo transcorra de forma pacífica, para o que o Goberno acordou, ademais a suspensión do recoller obrigatorio, co fin de "facilitar a mobilidade e a circulación das persoas".

Comentarios