A firma de moda Bimba y Lola, capitaneada polas irmás María e Uxía Domínguez, segue co seu crecemento. A compañía téxtil vén de presentar os resultados do seu último exercicio fiscal, finalizado o pasado 29 de febreiro, no que acadou unha facturación de 226,7%. Esta cifra supón un crecemento das vendas de 12,6%, no que tivo que ver a boa marcha do seu negocio internacional.
Segundo os datos facilitados pola compañía, as vendas internacionais representan xa 33% do total do grupo, grazas a evolución positiva que experimentaron a práctica totalidade dos 18 mercados nos que está presente a marca, tanto a través das súas tendas físicas, como do seu canal de venda online.
A compañía, dentro do seu plan de expansión internacional, aumentou a súa rede comercial en 13 estabelecementos, ao pasar dos 272 que tiña ao feche de 2018 aos 285 con que remata o último exercicio fiscal. Destes, 117 están localizados fóra do Estado español.
Segundo destacou o conselleiro delegado de Bimba y Lola, José Manuel Martínez, "o crecemento de Bimba y Lola é posíbel grazas ás case 1.800 persoas do nosa equipa humana. O que logramos xuntas en 2019 anímanos a seguir traballando para consolidar Bimba e Lola como unha gran marca global".