Traballadores e veciñas da Mariña 'choran' pola planta de Alcoa nun velorio simbólico

O acto representaba o que consideran que podería ocorrerlle á comarca da Mariña se se fai efectivo o peche da planta de aluminio.

Comité de empresa Alcoa a foto é de Marta Vázquez Rodríguez Europa Press
photo_camera Comité de empresa Alcoa (Foto: Marta Vázquez, EP).

Os traballadores de Alcoa e veciños da Mariña 'choraron' a "morte" da planta de San Cibrao, en Cervo (Lugo).

Para representalo, desenvolveron un velorio simbólico na noite deste sábado á porta do complexo industrial.

Nunha contorna decorada con cruces brancas, empregados da factoría e veciñas da zona portaron cirios para participar nun 'enterro'.

O acto representaba o que consideran que podería ocorrerlle á comarca da Mariña se se fai efectivo o peche da planta de aluminio.

Unha acción na que participaron miles de persoas para arroupar aos traballadores da factoría días antes da celebración, o vindeiro día 3 de decembro, do xuízo polo Expediente de Regulación de Emprego  que afectaría a máis de 500 traballadores.

A concentración comezou ás 19.30 horas á entrada do complexo, onde ardeu unha barricada elaborada polos empregados.

Posteriormente tamén prenderon lume a un monólito decorado cunha foto dos propios traballadores.

Comentarios