A Xunta pode propor un marco de desescalada acaído para Galiza

A unidade territorial ordinaria para artellar as catro fases da desescalada será "en principio" a provincia, informou onte o presidente do Goberno estatal Pedro Sánchez. Porén, o mandatario avanzou "que haberá excepcións", a proposta das comunidades autónomas e coa aprobación do Ministerio de Sanidade. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, postulouse ao inicio da semana a prol de desescalar por áreas sanitarias e desde o nacionalismo pediuse tomar a comarca como referencia, atendendo á realidade do país. 
 
2020042822281785311
photo_camera Dúas persoas saúdanse nas rúas de Compostela gardando a distancia física (Imaxe: Arxina)
Comentarios