Mando único e aplicación asimétrica: Feixoo avanza a súa proposta para a desescalada

O presidente da Xunta aposta por un modelo de desescalada baseado no mando único e cunha aplicación asimétrica nos territorios en función das súas necesidades específicas. Así llo trasladou esta mañá ao xefe do Executivo estatal no transcurso da reunión que Pedro Sánchez mantivo cos presidentes territoriais.
EuropaPress_2914321_titular_do_goberno_galego_na_videoconferencia_co_presidente_do_goberno
photo_camera O titular do Goberno galego na videoconferencia co presidente Pedro Sánchez (Europa Press).

O presidente da Xunta aposta por un modelo de desescalada baseado no mando único e cunha aplicación asimétrica nos territorios en función das súas necesidades específicas. Así lo trasladou esta mañá ao xefe do Executivo estatal no transcurso da reunión que Pedro Sánchez mantivo cos presidentes territoriais.

Alberto Núñez Feixoo avoga por que o Goberno estabeleza o marco e a metodoloxía da fase de transición co obxectivo de que os territorios do Estado poidan axustalo ás súas circunstancias particulares.

Rural e salvagarda territorial

Neste sentido, destacou a importancia da coordinación e de coñecer o horizonte que manexa o Executivo para a desescalada.

O presidente do Goberno galego é partidario de facer unha peza separada para o rural e de incluír unha cláusula de salvagarda territorial, de tal forma que se as circunstancias non se axustan ao 100% ao modelo se permita certa flexibilidade Cada territorio tomaría as súas decisións con coñecemento do Estado.

Apertura comercial

Núñez Feixoo tamén incidiu na necesidade de rebaixar o IVE das máscaras. Volveu reclamar a apertura de concesionarios, talleres e comercio -con cita previa-, e a venta de produtos agrícolas en mercados ao aire libre.

Ademais, solicitou tamén a celebración do Consello de Política Fiscal e Financeira.

Comentarios