En Común reprocha á Xunta que "obstaculice" e "oculte datos" sobre a situación da pandemia

Nun comunicado emitido nesta terza feira, 28 de abril, o portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas pediu a Feijoo "transparencia, cooperación e lealdade" co Goberno do Estado, e que facilitase tamén o número de novos ingresos na UCI.

gomez-reino
photo_camera O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino (Europa Press)

O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, afeou á Xunta que "obstaculice" e "oculte datos" no reconto do Ministerio de Sanidade de afectados por coronavirus ao ser a Galiza "a única comunidade" que non facilita as cifras sobre a incidencia da epidemia segregadas por municipios, así como o número de novos ingresos na UCI de infectados pola COVID-19.

Nun comunicado emitido nesta terza feira, 28 de abril, o tamén deputado no Congreso en Madrid de Unidas Podemos reclamou "transparencia, cooperación e lealdade" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, co Executivo estatal á hora de facilitar os datos sobre a epidemia.

"É un requisito fundamental para combater a expansión da epidemia que a Xunta colabore lealmente co resto de institucións, tanto dentro como fóra da Galiza, e que non obstaculice o traballo dos expertos", remarcou Gómez-Reino, que acusa a Núñez Feixoo de "mentir" e "non facilitar" os datos que Sanidade require ás comunidades autónomas.

"Obrigado a facilitalos"

"Feixoo quéixase de que o Goberno [do Estado] non mantén informadas as comunidades autónomas, mais iso é mentira porque en realidade sucede ao revés: é a Xunta a que non proporciona aos expertos que dirixen a loita contra o virus a nivel estatal os datos que necesitan para facer o seu traballo, datos que está obrigado a facilitar tal e como estabelece a normativa do estado de alarma", sinalou.

Comentarios