'Somos unha nación'

Vía Galega leva o día 24 á rúa a defensa do dereito á autodeterminación do pobo galego

"Somos unha nación" é o lema escollido pola plataforma Vía Galega para a manifestación nacional que convoca o 24 de abril en Compostela e na que defenderá o dereito de autodeterminación para a Galiza. "Só con soberanía a Galiza terá futuro e unha sociedade máis xusta", sinalou no chamamento a participar desta mobilización.
Acto de presentación da manifestación nacional 'Somos unha nación'. (Foto: Arxina).
photo_camera Acto de presentación da manifestación nacional 'Somos unha nación'. (Foto: Arxina).
Comentarios