A ministra de Política Territorial e voceira do Goberno do Estado español, Isabel Rodríguez, recoñeceu esta terza feira que a equipa de Pedro Sánchez non fecha a porta a que a campaña de vacinación da terceira dose fronte á Covid-19 se amplíe a toda a poboación.
Malia que nestes momentos o plan é inocular á xente maior de 60 anos, ao persoal socio-sanitario e ás persoas con especial risco de saúde se contraen o coronavirus -e comeza xa a primeira quenda de picadas ás crianzas de 5 a 11 anos-, será Galiza un dos territorios que teña na súa man que o reforzo do tratamento chegue a un maior grupo de poboación.
Rodríguez incidiu en que a decisión debe ser tomada "de maneira ordenada e conxunta" cos distintos territorios.
"O éxito do noso país estivo marcado pola vacinación e a prevención, e está segue a ser a folla de ruta", resumiu Rodríguez.
"Por suposto que o Goberno estatal apoia a vacinación, o éxito está na vacinación, queremos ir abordando as distintas fases, estamos preparados para facelo pero parece lóxico que, como sempre, como viña sendo habitual as decisións se tomen neste órgano de cooperación e de colaboración das distintas administracións e non tratemos de ir por libre", explicou após a reunión do Consello de Ministras.
"Sempre será máis operativo e moito mellor que o fagamos de maneira conxunta", insistiu falando da Consello Interterritorial da Comisión de Saúde Pública.
Polo de agora cómpre seguir avanzando co que está acordado e, de cara ao comportamento social, a ministra pediu precaución e protección nas festas de Nadal para reducir ao máximo os contaxios.
"O éxito do noso país estivo marcado pola vacinación e a prevención, e está segue a ser a folla de ruta", resumiu Rodríguez.