NESTE A FONDO

U-los medios audiovisuais do país?

Conta Galiza con medios audiovisuais propios que fagan país? No espazo radioeléctrocio domina o español e campan empresas estatais. Analizámolo neste A Fondo. Á venda xa na nosa loxa. 

capa 400

Que Galiza nos devolve o espello dos medios audiovisuais? As canles e as emisoras en español domingan o espectro radioeléctrico. Os medios públicos, a Radio e a Televisión de Galicia, poñen o foco na cultura española e no espazo mediático madrileño e esquezan o ámbito lusófono. Os medios comunitarios, aqueles máis apegados ao local, teñen non poucas dificultades para sobrevivir. Analizámolo neste A Fondo, proposto polo enxeñeiro Vítor Garabana, dentro da campaña "Propón o teu A Fondo", que botamos a andar hai uns meses co número 100 do noso caderno de análise.

Colaboran neste A Fondo o avogado e analista político, Xoán Antón Pérez Lema; o escritor e traballador da TVG, Antón Dobao, a directora de Televinte Chantada, Mercedes Vázquez, e Uxía, a cantande e directora de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía. Entrevistamos, así mesmo, a Xavier Alcalá, que foi director técnico da CRTVG entre 1986 e 1988.

Esquecer as competencias propias

"A Xunta non exerce as súas competencias de comunicación audiovisual e asume o espazo marcado polas grandes canles estatais", afirma Pérez Lema na súa análise sobre a situación legal do espazo radioeléctrico galego. Malia que a Lei estatal sobre a comunicación audiovisual, de 2010, recoñece que Galiza pode ditar normativa adicional que potencie a súa lingua e cultura, o país desaproveitou esta posibilidade, explica.

"A Xunta non exerce as súas competencias de comunicación audiovisual e asume o espazo marcado polas grandes canles estatais", afirma Xoán Antón Pérez Lema.

"A relación coa industria audiovisual é de dependencia e somentemento aos intereses privados de grupos e empresas", subliña Antón Dobao, que abonda, na súa colaboración, nos universos simbólicos interesados creados a través dos contidos ficcionais que se emiten na TVG.

Dos medios comunitarios

Sobre as dificultades que, no día a día, han afrontar os medios audiovisuais fala a directora de Televinte Chantada, Mercedes Vázquez: "A lei recoñece os medios comunitarios −expón−mais nin o Estado nin as Comunidades Autónomas sacan a corcurso lincenzas para que poidan ser adxudicatarios delas".

"Segundo Xavier Alcalá, director técnico da CRTVG entre 1986 e 1988, "os contidos da TVG tenden ao pailanismo e á colonización cultural"

"Os contidos da TVG tenden ao pailanismo e á colonización cultural". De modo incisivo e directo maniféstase o  escritor e enxeñeiro Xavier Alcalá, director técinico da TVG entre 1986 e 1988. Para o escritor, tanto  o tipo de contidos, que obvian a visión máis moderna e progresista do país, como a lingua, pola falta de coidado coa que se emprega, son dous dos principais puntos febles da CRTVG.

Sobre o emprego da música nos medios audiovisuais maniféstase Uxía. "A sensación de colonización é permanente e ademais é real... Mais debemos ser optimista", apunta nun artigo no que fai unha aposta pola difusión da música galega nos medios da lusofonía.

"Podemos imaginar outra situaçom mediática para a Galiza? pregúntase o coordenador nas conclusións deste A Fondo─. "Perseguimos esses sonhos?"

Construíndo alén

Que foi dos medios galegos da comunidade migrante, en especial, aqueles espazos radiofónicos como o "Sempre en Galicia" que forman xa parte da nosa historia? Por que o activismo radiofónica da colectividade galega é tan importante en Catalunya, namentres que Madrid é terreo ermo para a difusión dos medios audiovisuais en galego?

"Podemos imaginar outra situaçom mediática para a Galiza? pregúntase Vítor Garabana, o coordenador deste número do caderno de análise de Sermos Galiza─. "Perseguimos esses sonhos?"  Con esta cuestión aberta péchase este A Fondo.

Máis en Só en papel
Comentarios