Neira Vilas: “Fun un activista da cultura galega até hoxe”

Historia viva deste país e da súa cultura, Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928), Pepe, como lle chaman os amigos, lembra de forma prodixiosa todos os detalles, datas, lugares e persoas que pasaron por unha vida que dedicou por completo á cultura galega. 

Neira Vilas
photo_camera Neira Vilas [Foto: Galaxia]

- Con 20 anos emigrou a Arxentina. Que o levou a tomar esa decisión?
-  Eu fixera a escola primaria, logo fixen un curso por correspondencia e puiden traballar nunhas oficinas, pero eu quería estudar e superarme e busquei traballo nas cidades para poder estudar polas noites e non o atopei, así que decidín marchar coma tantos. 

- Entón toma conciencia alí do que é Galiza. 
- Si, descubro Galiza ao pouco de chegar e creo as Mocedades Galeguistas da que son secretario xeral. Alí convírtome nun activista da cultura galega e da dignidade de Galiza até hoxe. De por vida. Aquí eu non tiña acceso a medios, pero tampouco eran tempos apropiados. Alí coñecín a Luís Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, foron os moi cariñosos comigo. 

A entrevista íntegra, unha dupla páxina, está ao voso dispor no número 166 de Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.

Máis en Só en papel
Comentarios