Unanimidade do Parlamento galego para pedir que non se aplique a quita nas prefrentes

Os catro grupos parlamentares instan á Xunta a que se dirixa a goberno central e Bruxelas para que reclamar que se retire a exixencia de quita aos e ás estafadas polo calote das preferentes
Comisión de Cultura do Parlamento


O Parlamento acordou por unanimidade nesta sexta feira instar á Xunta a que se dirixa a goberno central e Bruxelas para que reclamar que se retire a exixencia de quita aos e ás estafadas polo calote das preferentes

O acordo foi atinxido na Comisión de Economía da Cámara do Hórreo a partir dunha proposición non de lei rexistrada polo PSdeG, e enmendada polo Partido Popular. Na votación, tanto BNG como AGE uníronse á proposta. Ambas as dúas formacións tamén presentaran propostas proias, mais foran rexeitadas.

 O texto pide ao goberno galego, aliás, que tome medidas para dotar de todos os medios precisos, "humanos e materiais" ao procedemento de arbitraxe para "axilizar os procedementos".

Louzán, presidente Deputación de Pontevedra: "Non imos tolerar insultos dos manipuladores e axitadores"

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, mantivo unha xuntanza con representantes de diversas plataformas de afectados polas preferentes, encontro que finalizou en medio dunha gran tensión. Louzán sinalou que ""como sempre estiveron os axitadores profesionais que son eses que eu tildo de comando e que son os que viñan a provocar e manipular"

Comentarios