O socialista Samuel Lago logra a Alcaldía de Cambados grazas ao apoio de BNG, Somos Cambados e Cambados Pode

No pleno deste sábado, Lago conseguiu nove votos, fronte aos oito votos dos concelleiros do PP, grupo encabezado por Sabela Fole.
Os catros representantes de BNG, PSOE, Somos Cambados e Cambados Pode (Foto: Europs Press).
photo_camera Os catros representantes de BNG, PSOE, Somos Cambados e Cambados Pode (Foto: Europs Press).

O socialista Samuel Lago foi investido este sábado como alcalde de Cambados após lograr reunir os votos do seu grupo, do BNG, de Somos Cambados e, finalmente de Cambados Pode.

No pleno deste sábado, Lago conseguiu nove votos, fronte aos oito votos dos concelleiros do PP, grupo encabezado por Sabela Fole.

Con todo, a investidura estivo no ar até última hora. Así, o PSOE confirmou un acordo con Somos Cambados e, só hai unhas horas, tamén con Abal, aínda que o BNG eo seu portavoz, Liso González decidiu non asinar un pacto de goberno até despois da investidura.

"Emoción"

Após ser investido, Lago trasladou a súa "emoción e humildade", e a "honra e responsabilidade" de asumir este "profundo compromiso".

Tamén se comprometeu a traballar polo "progreso en todos os ámbitos", a "igualdade" e o benestar, e expresou o seu "firme propósito" de traballar "arduamente" por todos os cambadeses, á vez que convidou á oposición a achegar "as súas enerxías e ideas".

Comentarios