A valoración de Felipe VI, ao bordo do suspenso

De acordo cos enquisados por Electomanía, os partidos soberanistas e nacionalistas son os que peor valoración teñen do xefe do Estado.
O rei e xefe do Estado español Felipe de Borbón roza o suspenso na última enquisa (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).
photo_camera O rei e xefe do Estado español Felipe de Borbón roza o suspenso na última enquisa (Foto: Alberto Ortega / Europa Press).

Segundo a última enquisa de Electomanía, o actual rei e xefe do Estado español, Felipe de Borbón, rozaría o suspenso, obtendo un 5,1 sobre 10 na valoración xeral do seu papel como monarca.

De acordo cos datos de Electomanía (que preguntou a diversos votantes de cada partido), só as dereitas consideran que Felipe VI está a facer un "bo traballo" como xefe do Estado. Entre os partidos que mellor valoración teñen do rei están o Partido Popular (8,5 de valoración), Navarra Suma (8,4) e Ciudadanos (7,4). 

Os únicos outros dous partido que tamén 'aproban' o rei son Vox (7,2), Teruel Existe (5,0). Ségueos o PSOE cun 4,2 de valoración xeral do reinado de Felipe VI. 

Son os soberanistas e nacionalistas os que peor nota outorgan ao monarca. Destacan Junts (0,1 de valoración), ERC (0,2) ou o BNG (1,8).

Compromís, Unidas Podemos ou a CUP son outros dos partidos que tamén 'suspenden' o xefe do estado.

A visita do emérito

Outra das preguntas realizadas na enquisa de Electomanía ten a ver coa valoración da visita do rei emérito a Sanxenxo. De acordo cos datos, 35,6% das persoas preguntadas considera a visista como algo "negativo", 33,4% non o considera negativo nin positivo e o restante 31% considera a viaxe a Sanxenxo como algo "positivo".

Comentarios