A Casa Real exclúe as forzas nacionalistas e non lles dá información sobre o seu patrimonio

O Bloque Nacionalista Galego publicou unha mensaxe nas súas redes sociais, na que afirmaba que reciben "con orgullo e satisfacción" formar parte "desa excepción".
Felipe VI presidindo
a apertura do ano xudicial (Imaxe: Nós Diario)
photo_camera Felipe VI presidindo a apertura do ano xudicial (Imaxe: Nós Diario)

Felipe VI declarou nesta segunda feira o seu patrimonio, que ascende até 2.573.392 euros. Deles, 2.267.492,80 euros corresponden a activos depositados en contas correntes ou de aforro, e o restante a obxectos artísticos e xoias ao seu nome.

O xefe de Casa Real, Jaime Alfonsín, foi o encargado de comunicar a información financeira do monarca ao Goberno e aos grupos parlamentarios do Congreso. Porén, decidiu excluír desta comunicacións ás formacións nacionalistas de BNG, ERC, Junts, Bildu e as CUP.

Agradécese a sinceridade. É unha honra

Segundo fontes da Zarzuela, Alfonsín optou por non pórse en comunicación cos grupos parlamentarios destas formacións por non tratarse de "constitucionalistas".

No comunicado público difundido por Casa Real, afírmase que Felipe VI fai pública esta información para que a Coroa sexa "merecedora do respecto e a confianza dos cidadáns baixo os principios de exemplaridade, transparencia, rectitude e integridade nos seus comportamentos".

Primeiras reaccións nos partidos

Despois de coñecerse a exclusión das formacións nacionalistas, comezaron a producirse as primeiras reaccións nas redes sociais.

O Bloque Nacionalista Galego publicou unha mensaxe nas súas redes sociais, na que afirmaba que reciben "con orgullo e satisfacción" formar parte "desa excepción".

O coordinador xeral de Euskal Herria Bildu, Arnaldo Otegi, publicou un chío no que explicaba que "Felipe VI non comunica a EH Bildu o seu patrimonio por non ser partidaria da monarquía". "Agradécese a sinceridade. É unha honra", engade.

Comentarios