Rueda reivindica o Goberno galego "máis experimentado" na toma de posesión dos conselleiros e conselleiras

Unha vez os once conselleiros e conselleiras tomaron posesión dos seus cargos, posaron xunto co novo presidente da Xunta para a primeira foto oficial do Executivo, previa á primeira reunión oficial do Goberno galego.
Alfonso Rueda asina o decreto para designar o novo Executivo. (Foto: David Cabezón)
photo_camera Alfonso Rueda asina o decreto para designar o novo Executivo. (Foto: David Cabezón)

Os conselleiros e conselleiras da Xunta participaron na mañá desta segunda feira no acto solemne de toma de posesión do Goberno de Alfonso Rueda.

Nove dos once integrantes do Goberno galego optaron por xurar o seu cargo: o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; a de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; o de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; o de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; a de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; a de Política Social e Xuventudes, Fabiola García; o de Medio Rural, José González; e a de Mar, Rosa Quintana.

Os dous restantes decidiron prometer o seu cargo. Por un lado, o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,  Xustiza e Deporte, Diego Calvo, única incorporación con respecto ao Executivo de Alberto Núñez Feixoo; e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Unha vez os once conselleiros tomaron posesión dos seus cargos, posaron xunto co novo presidente da Xunta para a primeira foto oficial do Executivo, previa á primeira reunión oficial do Goberno galego.

Goberno "máis experimentado"

Na súa intervención, Alfonso Rueda reivindicou o seu Executivo, de carácter continuista, como o "máis experimentado" e de "traxectoria contrastada". "O que funciona ben non debe tocarse, debe complementarse", dixo.

O novo presidente galego instou os 11 conselleiros e conselleiras a "seguir traballando como até o de agora", pero "se é posíbel, mellorar aínda máis".

[En ampliación]

Comentarios