O PP galego insiste no argumento de ETA

Quere que o Parlamento se pronuncie sobre "as provocacións" de EH Bildu ás vítimas de ETA.

Sesión plenaria do Parlamento de Galiza. (Foto: Parlamento)
photo_camera Sesión plenaria do Parlamento de Galiza. (Foto: Parlamento)

O PP galego pretende,unha vez máis, que o Parlamento galego se pronuncie en relación ao panorama político vasco e, en concreto, quere que a Cámara autonómica manifeste o "rexeitamento" ante o que considera "provocacións" por parte de EH Bildu ás vítimas de ETA.

Coincidindo co inicio do período de sesións, o grupo popular no Parlamento da Galiza rexistrou unha iniciativa coa que propón que a Cámara galega mostre o seu "rexeitamento" á inclusión en listas electorais dos "condenados por delitos de sangue e pertenza". a unha organización terrorista con condena firme".

 

Rexeitamento da cámara

Neste sentido, busca o rexeitamento da Cámara autonómica a "as provocacións da coalición EH Bildu ás vítimas do terrorismo coa inclusión dos condenados por delitos de sangue cometidos durante a súa militancia activa na organización terrorista ETA".

Así mesmo, quere que haxa unha "condena rotunda" do que entende como "branqueamento" destas actuacións que, en opinión dos populares galegos, "supoñen unha contradición cos principios democráticos ao incluír nas listas electorais aos condenados por terrorismo". quen "non mostraron pesar explícito polo seu pasado terrorista".

Isto, incide a iniciativa, “tería que supoñer un claro impedimento  para o desempeño de calquera cargo público”. 

 

Comentarios