O Parlament aproba a primeira das tres leis de desconexión, que dá cobertura á Axencia Tributaria Catalá

Ciudadanos, Catalunya Si que Es Pot, PSC e PP votan en contra da lei que dá cobertura á Axencia Tributaria Catalá e que sae adiante cos apoios de JxS e CUP.

Orzamentos. Referendo. Pleno Parlament Catalunya. Puigdemont. Junqueras

O Parlament de Catalunya aprobou a lei que dá cobertura á Axencia Tributaria Catalá (ACT), a primeira das tres leis de desconexión, que saíu adiante embora o voto en bloque en contra de todas as formacións non independentistas. Cs, CSQP, PSC e PP sumaron 62 escanos, que non foron de abondo para evitar que a lei saíse adiante cos apoios de Junts pel Si e CUP, que sumaron 71 asentos.

A lei aprobada, de Código tributario, procura crear un sistema tributario proporcional e redistributivo catalá que ten entre os seus obxectivos frear a evasión fiscal, asegurar a xustiza fiscal e dar unha maior autonomía á ACT, tanto no que se refire a persoal, como a patrimonio e outras cuestións. Lluis Salvadó, secretario de Facenda da Generalitat, destacou a importancia da lei aprobada para sentar as bases do “despregamento da futura facenda catalá”.

É a primeira das tres leis de desconexión que se aproba no Parlament de Catalunya, as outras son a relativa á Seguridade Social e a lei de Transitoriedade Xurídica. 

Comentarios