A Mesa do Congreso rexeita unha iniciativa do BNG para investigar "a corrupción" de Juan Carlos I

A raíz das informacións sobre o deposito nunha conta suíza de 1,7 millóns de euros procedentes presuntamente do sultán Bahrein.
JUan Carlos Filpe VI Borbón monaqrquía (Europa Press)
photo_camera Juan Carlos Filpe VI Borbón monaqrquía (Europa Press)

A Mesa rexeitou admitir a trámite unha iniciativa que respondía forma de pregunta presentada polo BNG e na que se preguntaba ao Goberno español sobre as accións que ía promover ou desenvolver para esclarecer as acusacións sobre prácticas corruptas de Juan Carlos de Borbón, o rei emérito.

O BNG presentou o pasado 2 de maio unha iniciativa solicitando ao Goberno estatal coñecer que actuacións pensa desenvolver co obxecto de investigar “actuacións que afectan de forma directa á Xefatura do Estado, ao fío de novas informacións sobre prácticas corruptas de Juan Carlos de Borbón”.

En concreto, Nestor Rego fai referencia á confesión de quen foi o seu “xestor” nesa operación, Arturo Fasana, diante da fiscalía suíza en que -segundo recollían algúns medios- tería asegurado que xestionou para Juan Carlos de Borbón o deposito nunha conta suíza de 1,7 millóns de euros procedentes presuntamente do sultán Bahrein.

Para o BNG, a decisión da Mesa do Congreso mostra, “máis unha vez, a pretensión dos principais partidos estatais, incluídos o do goberno, de tapar a corrupción da monarquía”.

O BNG destaca que estamos diante dunha sucesión de informacións que comprometen a pouca credibilidade que queda a unha monarquía xa profundamente desprestixiada. “Desde o punto de vista do BNG non investigar este tipo de condutas que afectan directamente á Xefatura do Estado é equivalente a amparalas e mesmo a lexitimar socialmente a corrupción”, indicou Néstor Rego.


 

Comentarios