‘Gañar unha nova Galiza!’: o BNG presenta unha Asemblea Nacional para alargar a base social e "gañar" en 2024

As asembleas comarcais debaten agora e ata o 22 de outubro os documentos político e organizativo antes do plenario do 7 de novembro.

oLALLA xAVIER bng-min
photo_camera Olalla Rodil e Xavier Campos

O BNG presentou esta quinta feira o lema de  XVII Asemblea Nacional, que decorrerá o 7 de novembro no Coliseum da Coruña, e que supoñerá o peche dun ciclo iniciado en 2016 cando Ana Pontón foi eleita portavoz nacional, tamén nunha asemblea na cidade coruñesa. "Gañar  unha  nova Galiza!" é o lema escollido polo BNG para a cita de novembro, na que desembocarán as asembleas comarcais que principiaron xa este 4 de outubro até o 22 deste mes.

Ademais, está previsto que días antes se realice un novo  Consello Nacional -máximo órgano de decisión entre asembleas-, horizonte que, aínda que non se fixou nin interna nin  publicamente, sería o que se manexa para coñecer como moi tarde o resultado da reflexión persoal de Ana Pontón sobre o seu futuro á fronte da organización.

Na presentación da campaña, na que participaron os responsábeis na área de Comunicación da fronte nacionalista, Xavier Campos e Olalla  Rodil, ambos os dous mostráronse convencidos do apoio social, non só entre a militancia do BNG, para que Ana Pontón "lidere o cambio que Galiza trecisa".

Campos subliñou o seu respecto co proceso aberto en agosto por Ana Pontón, que é "quen ten que marcar os tempos". En todo caso, expresou que tanto e,l como  Rodil, como "a totalidade da militancia e a inmensa maioría da cidadanía galega que quere un cambio político, queren que Ana Pontón sexa a persoa que lidere ese cambio", sentenciou.

Olalla Rodil destacou que no seo do BNG "as decisións tómanse de  maneira asemblearia" e, por iso, será a militancia quen "determine a liña política dos próximos anos"

Durante a presentación da imaxe da asemblea, Olalla Rodil destacou que no seo do BNG "as decisións tómanse de  maneira asemblearia" e, por iso, será a militancia quen "determine a liña política dos próximos anos".

Nova etapa

Neste sentido, destacou que o BNG "pecha unha etapa", a comprendida entre 2016 e 2021, un período que, segundo o balance realizado, "permitiu recuperar a voz de Galiza no Congreso, manter a representación na Eurocámara e pasar a ser a alternativa política do país e liderar a oposición". Así mesmo, reivindicou a "maior capacidade" lograda noutras institucións e, de feito, o BNG ten agora no horizonte as municipais como punto marcado para gañar impulso electoral antes das eleccións galegas.

Olalla Rodil, deputada e  viceportavoz parlamentar na Cámara galega, tamén remarcou a "renovación e actualización do proxecto do BNG" nos últimos anos, nos que tamén houbo unha renovación clara de equipos, non só con Ana Pontón senón da súa contorna máis próxima.

O lema para a próxima asemblea nacional é ' Gañar  unha  nova Galiza', unha idea que quere trasladar o BNG, a da súa intención de lograr nas próximas eleccións galegas un peso suficiente que lle permita alcanzar San Caetano.

"Poñernos a traballar para que en 2024 a Xunta estea presidida por unha muller e por unha muller, Ana  Ponton, feminista e nacionalista", manifestou Xavier Campos.

O lema de campaña complétase cun 'x Galiza', que se empregará como etiqueta na campaña que se prepara para as redes sociais con motivo da Asemblea Nacional, na que tamén o BNG se propón saír coa idea de "sumar máis e máis persoas para o proxecto político, consolidar a alternativa e lograr o cambio político transformador".

"Poñernos a traballar para que en 2024 a Xunta estea presidida por unha muller e por unha muller, Ana  Ponton, feminista e nacionalista", proclamou Xavier Campos.

"Ilusión, esperanza e ambición política"

A parte gráfica, pois, consolida esa idea de "saír a gañar desde o primeiro día". "É un lema claro que transmite perfectamente ilusión, esperanza e ambición política, gañar unha nova Galiza", proclamou, antes de aclarar que non é só "a expectativa e ilusión da militancia, senón fundamentalmente unha expectativa social que vai máis aló dos votantes do BNG".

Convencidos, pois, de que hai "unha maioría social que quere cambio e ten como referencia clara a Ana Pontón para gobernar e presidir a Xunta". "Queremos gañar e gobernar para transformar o país, cunha nova Galiza", aseverou.

Comentarios