28-M

Formoso desprázase até Burela para apoiar Carmela López

A transferencia da AP-9 á Galiza, tema estrela da xornada.
Formoso, con Carmela López en Burela (Foto: PSdeG).
photo_camera Formoso, con Carmela López en Burela (Foto: PSdeG).

O presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, viaxou até Burela na mañá de hoxe para evidenciar o seu apoio á candidata á Alcaldía da localidade mariñá, Carmela López, durante unha visita á feira Conxemar.

O secretario xeral do PSdeG, protagonizou unha intervención no que o tema estrela foi a psotura do seu partido no Congreso sobre a AP-9.

Despois de que os socialistas impediran o avance da tramitación da lei para a transferencia da titularidade da AP-9 á Galiza, Formoso indicou que o seu interese é conseguir que "a especulación non caiba" na xestión da autoestrada.

Aos galegos "non lles vai a importar" se a AP-9 "é australiana" sempre que sexa "máis barata", engadiu.

Tras defender as bonificacións aprobadas polo Goobierno central para rebaixar as peaxes e censurar a prórroga concedida a Audasa por parte dos executivos do Partido Popular, o máximo responsábel do PSdeG remarcou que "a chave" no traspaso da infraestrutura é que "sexa clara" cara á Galiza e que se "garanta" que a "liña clara de xestión non sexa o beneficio" empresarial "senón a rebaixa das peaxes á sociedade galega".

"O que os galegos quererán saber respecto á titularidade é se van ser máis baratos as peaxes ou non", engadiu.

Para rematar, Formoso apuntou que el cre "que a un galego ou unha galega que a autoestrada sexa australiana se é máis barata, non lle vai a importar. Tampouco creo vaia a querer que sexa galega e que sexa máis cara e que estea peor mantida".

Comentarios