Felipe VI amosa a súa faciana máis ultra no discurso de Noiteboa

Felipe VI pronunciou hoxe o discurso Noiteboa de máis contido político do de seu reinado. O monarca fixo da defensa da Constitución e da unidade do Estado o centro da súa intervención. O xefe da Casa Real levou ao primeiro plano a súa cruzada contra o nacionalismo.

_felipe_vi_ofrece_tradicional_discurso_nochebuena_zarzuela_madrid_espana
photo_camera _felipe_vi_ofrece_tradicional_discurso_nochebuena_zarzuela_madrid_espana

O tradicional discurso de Noiteboa do xefe do Estado representou un toque de atención en toda regra á maioría que posibilitou a investidura de Pedro Sánchez e ao propio Executivo do Estado. Nesta liña, amosou a súa faciana máis reaccionaria, comprando o relato do PP e Vox.

A intervención estivo na liña argumental da Casa Real, más activa que nunca no día a día da política estatal. A este respecto, Felipe VI aproveitou o seu tradicional discurso de Noiteboa para reiterar as posicións mantidas nos últimos tempos.

O maior perfil partidario é unha característica do reinado de Felipe VI en relación co do seu pai. Mentres Juan Carlos de Borbón mantivo publicamente unha maior neutralidade formal, significándose polas súas relacións cordiais cos presidentes socialistas, nomeadamente con Felipe González, Felipe VI non agocha as súas simpatías polas posicións de dereitas máis extremas.

O discurso do monarca non defraudou aos sectores máis ultras. Nesta liña, asegurou "fóra do respecto á Constitución non hai democracia nin convivencia posíbeis; non hai liberdades senón imposición; non hai lei, senón arbitrariedade".

Ataques ao nacioanalismo

Felipe VI levou ao discurso a súa cruzada contra o nacionalismo, na liña argumental comezada tras o referendo de Catalunya. Neste punto, volveu apostar unha ano máis pola confrontación con aquelas forzas políticas que defenden unha mudanza no modelo do Estado.

O xefe do Estado sinalou que "para que a Constitución desenvolva plenamente o seu labor non só se require que a respectemos, senón tamén que conservemos a súa identidade, o que a define, o que significa".

O  monarca precisou que “a súa razón de ser como pacto colectivo de todos", e tamén que "preservemos a súa integridade como lugar de recoñecemento mutuo, de aceptación e encontro entre todos os españois”.

Comentarios