Lois ve o discurso de Felipe VI "ancorado no pasado"

A portavoz de Sumar no Congreso, Marta Lois, cualificou de "ancorado no pasado" o discurso do rei Felipe VI.
Marta Lois, portavoz de Sumar no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Marta Lois, portavoz de Sumar no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

"Non falou dos problemas que preocupan aos españois", reprochou en declaracións aos medios de comunicación, na mañá da segunda feira, a portavoz de Sumar no Congreso español, Marta Lois, quen, ademais, considerou que o discurso de Felipe de Borbón foi "decepcionante", entre outras cuestións, porque coa súa intervención non se dirixiu "ao conxunto do país".

En particular, Lois lamentou que o monarca español non se dirixise "aos galegos e galegas" para recoñecer "a pluralidade e plurinacionalidad do noso país". Fíxoo incidindo na proximidade das eleccións galegas, que cualificou de "decisivas" para o futuro da Galiza.

"É un discurso ancorado no pasado porque apenas falou dos dereitos sociais, fixo unha lectura moi restritiva da Constitución, non falou dos problemas que lle preocupan aos españois e españolas", sentenciou a deputada de Sumar no Congreso español.

Por outra parte, Lois lamentou que Felipe VI non mencionase "o que se vive coa extrema dereita", aludindo ás "agresións a parlamentarios" e "ameazas á democracia" con cuestionanmiento a "institucións democráticas" e a un goberno de coalición "lexítimo", un discurso que tamén reprochou ao PP.

Por último, a portavoz de Sumar no Congreso criticou que o rei non mencionase o conflito en Palestina. "Era o momento para esixir o cesar o fogo e que se respecte o dereito internacional".

Comentarios