Salva Gómes e José A. Maceiras foron 2 dos detidos na 'Operación Jaro', que se saldou coa suspensión de Causa Galiza por dous anos. O 24 de xaneiro hai convocada unha manifestación en Compostela, apoiada por medio cento de axentes sociais e políticos, contra esa “ilegalización”.
- Decorreron xa case 3 meses desde a 'Operación Jaro', un tempo aínda curto mais prudente para reflexionar sobre o acontecido aquel día e o que implicou. Como dixerides, no persoal e no político, aquel operativo e as súas consecuencias
José A.M.: Asumímolo con entereza, arroupados pola nosa base social e a nosa xente, mais sabemos que este abuso de poder xudicial afecta a todo: no medo, nas dificultades que crea no traballo político do independentismo e do nacionalismo en xeral. Persoalmente a min non fixo máis que unirme máis con familiares, amigas e veciños cos que trato de normalizar a situación sacándolle tensión, mesmo con humor, que tamén é necesario.
Salva G.: No persoal cada persoa é un mundo, mais penso que en xeral estamos a aguantar ben o “tipo“. Politicamente, unha organizacion minoritaria como a nosa, depois dunha intervencion represiva de este calado queda, como minimo, aturdida e nun 'impasse' pouco recomendábel. Dun día para outro CG deixa de ter vida.
- Sobre vós pesan acusacións da Audiencia Nacional por enaltecemento do terrorismo e mesmo pertenza a organización terrorista. Como afrontades unhas peticións dese calado?
J.A.M: Pois coa dignidade que se espera duns activistas políticos do independentismo organizado. Non hai outra. O estado pretende a nosa rendición e crear unha situación de medo e psicose no conxunto do nacionalismo galego, lembremos que chamaron a declarar por isto Bieito Lobeira e Xavier Vence. Acaso é casual? Que estan investigando a todos: CIG , Anova....ao nacionalismo galego e a todo posicionamento crítico co Rexime do 78,o Ibex 35,a Coroa....
S.G: Estamos no 2016, non na Cuba dos Mambises, onde os españois xulgaban os independentistas cubanos sen nengunha garantía, asasinábanos. Non cren nin eles que formemos parte de organizacion terrorista algunha.
- A manifestación do 24 de xaneiro denuncia un “salto cualitativo” do Estado na represión do independentismo. Que queredes trasladar con iso?
J.A.G: O 'Rexime' esta inquedo e emprega calquera aparello na súa man para intentar abortar toda resposta política organizada. Un independentismo galego organizado, que actúe como interlocutor e representante social, que canalice respostas e faga campañas sistematicas e coherentes na rúa, por moi minoritario que sexa, é un perigo, un problema, un exemplo perigoso. E máis nestes tempos.
S.G: Foron pola Dirección Nacional dunha organizacion politica. Evidentemente danlle moito bombo, pintan cadros á poboacion que non existen, os medios de comunicación inflan,... As organizacións que conservan certa coherencia no discurso e non se agachan comezan tamén ser sinaladas.
- Afirmades que a “suspensión cautelar” durante 2 anos da actividade de Causa Galiza é a morte civil e política da organización. Que pensades que se procura con esta medida xudicial?
J.A.G: Crear medo e impedir o desenvolvemento de calquera estrutura rupturista contra eles. E o independentismo galego éo: rupturista, combativo, inasimilábel. Creo que é unha situacion que pretende ser exemplarizante para nós, persoalmente e colectivamente. Crear medo e negarlle aos sectores populares a posibilidade de organizarse. Como nos atrevemos a protestar e organizarnos?
S.G: Isto xa se ten aplicado en Euskal Herria.
- Animades á xente a acudir o 24J a “dar resposta como pobo” fronte ao que cualificades como unha concultación de dereitos civís e políticos, polo que non é unha mobilización 'exclusiva' para o mundo independentista, non é?
J.A.G: O independentismo galego dá respostas e propostas para o conxunto do pobo galego, non é -non debe ser- sectario. Iso témolo claro en calquera proposta política, mais neste tema temos que ter en conta outro factor: a represión empeza polos sectores máis combativos mais acaba afectando a todas.
Se non reaximos ante a situacion e vendo a inestábel situación económica,social, política...Quen se cré que Causa Galiza vai ser a única?
S.G: A solidaridade nunca se “pide” ou se amosa por sectores. Hai tempo que viña sacando unha conclusion: a represion ía batendo mais forte e abarcando canto podía. É o momento de tomar dunha vez conciencia de o problema.
- Após a mani do 24 haberá continuidade? Novas actuacións, protestos, medidas?
J.A.G: Tempo ao tempo, non adiantemos acontecimentos. Familiares, compañeiras, amizades non han ficar parados nin van deixar de canalizar a protesta, a indignación diante deste abuso.