BNG, ERC, Bildu e Junts rexeitan acudir á rolda de contactos con Felipe VI

Tras a constitución das Cortes, a presidenta do Congreso, Francina Armengol, acudiu esta sexta feira á Zarzuela para informar o rei da sesión constitutiva e para lle proporcionar a lista de partidos que mostraran a súa disposición para participar na rolda de consultas.
Felipe VI con Francina Armengol a pasada na primeira rolda de contactos (Foto: Casa do Rei).
photo_camera Felipe VI con Francina Armengol esta sexta feira (Foto: Casa do Rei).

O monarca Felipe VI resolverá en dous días, 21 e 22 de agosto, a súa rolda de consultas para designar candidato á investidura, unha serie de audiencias na Zarzuela na que só participarán sete formacións, xa que Yolanda Díaz representará todos os partidos inseridos Sumar e hai catro formacións que declinaron acudir: BNG, ERC, Bildu e Junts.

Reunión con Armengol

Tras a constitución das Cortes, a presidenta do Congreso, Francina Armengol, acudiu esta sexta feira á Zarzuela para informar o rei da sesión constitutiva e para lle proporcionar a lista de partidos que mostraran a súa disposición para participar na rolda de consultas.

A Zarzuela deu a coñecer o calendario desta rolda de consultas, cos partidos organizados de menor a maior apoio obtido nas eleccións xerais do pasado 23 de xullo.

As linguas

Sobre o uso de galego, catalán e euskera que a partir de agora se poderán usar na tribuna do Congreso, volveuse pronunciar a propia Armengol que dixo que "ten as súas complexidades" en canto a medios e dixo que vai estudar as "posibilidades técnicas" coas que conta a Cámara Baixa, pero que o obxectivo é que as linguas cooficiais poidan utilizarse "o máis rápido posíbel": "É o meu compromiso".

Despois de dicir que vai traballar "intensa e rapidamente" para iso, considerou "apresurado" dicir o calendario e os medios que se empregarán, á pregunta de se será posíbel intervir en galego na investidura.

Comentarios