BNG critica a centralización da crise sanitaria e cuestiona a reanudación da actividade laboral

O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, advertiu do risco de retomar a actividade económica sen que se dean as condicións de seguridade necesarias e censurou o uso partidista da centralización da xestión da crise sanitaria por parte do Goberno galego.
EuropaPress_2723501_diputado_bloque_nacionalista_galego_nestor_rego_pleno_extraordinario
photo_camera O voceiro do BNG no Congreso, Néstor Rego (Europa Press).

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, advertiu do “erro” de retomar a actividade económica a partir da vindeira segunda feira, xa que o Goberno non está en condicións de garantir a protección adecuada das traballadoras.

Reanudar a actividade nos centros de traballo, en moitos casos masificados e sen as debidas condicións de seguranza, supón abocar os traballadores e traballadoras ao risco de contaxio”, expresou.

Rego censurou a tardanza do Goberno á hora de adoptar e decisión de suspender toda a actividade non esencial e criticou que o fixera por económicas e non sanitarias. “Anunciou ao mesmo tempo o inicio e o fin desta medida, antes de poder avaliar a necesidade de prolongala en función da evolución da epidemia”, dixo.

Neste sentido, o BNG avoga por darlle preferencia á saúde das traballadoras antes que aos “intereses empresariais”. “A prioridade é salvar vidas, non contas de resultados”, manifestou Néstor Rego, quen tamén defendeu a precipitación da volta ao traballo ao considerar que aínda non se acadou un control claro da epidemia nin existe un plan de desconfinamento avalado pola comunidade científica.

Centralización

Doutra banda, o voceiro nacionalista no Congreso tamén lle recriminou ao Goberno estatal a centralización da xestión da crise sanitaria, un proceso que “se demostrou fallido e ineficaz” ante a incapacidade do Estado para xestionar unha situación para a que non estaba preparado.

“Foi unha mala decisión a pesar de quen goberna na Galiza”, declarou, para destacar acontinuación o esforzo das profesionais do Servizo Galego de Saúde aínda nas situacións máis difíciles, despois de anos de maltrato da sanidade pública.

Así, Rego cuestionou a “actitude inaceptábel” do presidente Alberto Núñez Feixoo ao aproveitar esta crise polo coronavirus “en beneficio propio e do Partido Popular”. “A determinación de centralizar as decisións en Madrid foi aproveitada de forma descarada e impúdica por Feixoo, quen leva 11 anos de recortes, precarización e privatización da sanidade pública galega, para agochar a súa inacción, inoperancia e incapacidade co pretexto de que carece de competencias”.

Dereitos e liberdades

Néstor Rego tamén se referiu durante a súa intervención no Congreso, no marco do debate para prorrogar o estado de alarma até o 26 de abril, aos riscos “para os dereitos democráticos e as liberade públicas” derivados do proceso a centralización.

O portavoz do BNG referiuse á escenificación militarizada” que se despregou en todo o Estado para cuestionar o papel político que o Goberno lle deu ao Exército durante esta crise, “máis propia dun estado de excepción” que dunha situación de emerxencia sanitaria.

Neste sentido, concluíu, O BNG está vixilante para que non se “confinen os dereitos laborais, sociais nin democráticos” da cidadanía.

Comentarios