Eleccións

Anova e En Marea insisten en chamar á unidade de cara ás galegas

A portavoz do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, di que os "experimentos" xa pasaron
Antón Sánchez. Asemblea Anova. 18 de marzo de 2017
photo_camera Antón Sánchez. Asemblea Anova.

Anova volver facer un chamamento á unidade esta fin de semana asegurando que conta co Bloque Nacionalista Galego e con En Marea nas súas conversas cara as eleccións galegas que convocará este ano o presidente da Xunta. O líder de En Marea, Luís Villares, celebrou o que denominou de "xiro clarísimo" por parte de Anova porque, sostivo, "a cidadanía premia que as forzas se entendan".

Villares referiuse de novo a estabelecer unha "cooperación horizontal" das forzas "soberanistas" e avanzou que a mellor maneira de artellala sería a través dunha "coalición" para que "ninguén perda o que lle caracteriza".

Este "proxecto nacional galego" do que falou Villares e no que segue a pensar Anova para as vindeiras eleccións non figura, porén, no camiño marcado polo BNG. A forza nacionalista, a través da súa viceportavoz par-

lamentar, Olalla Rodil, incidiu onte en que contan cun "proxecto propio sólido e claro" e "a mellor candidata" para "liderar o cambio político na Galiza". Con todo, Rodil apuntou que teñen "a man tendida e as portas abertas a calquera persoa que se queira sumar ao proxecto do BNG".

Espazo "rupturista"

 "Un espazo amplo e representativo como é o Grupo Común da Esquerda é a mellor alternativa para derrotar Feixoo. En todo caso, é o tempo do diálogo entre as distintas forzas políticas", sostivo a súa portavoz Luca Chao, quen engadiu que "todos sabemos onde está o espazo central" da esquerda, sinalando a En Marea entre as forzas "irrelevantes". "Creo que o tempo dos experimentos con gasosa xa pasou", argumentou Chao.

Comentarios