Ana Pontón: "Agora resulta que é Feixoo quen quere indultar a Puigdemont"

A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, afirmou hoxe que o PP vai "de bandazo en bandazo", despois de que se publicase que os populares estarían abertos a un posíbel indulto ao expresidenteda Generalitat. 
'The Guardian' ilustrou o artigo cunha imaxe da líder e candata do BNG, Ana Pontón. (Foto: Nós DIario).
photo_camera Ana Pontón, onte en Compostela

A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, afirmou hoxe que o PP vai "de bandazo en bandazo" e que "leva toda a semana atacando a Catalunya e agora resulta que é o señor Feixoo quen quere indultar a Puigdemont".

Así se manifestou este domingo a preguntas dos medios antes de participar nun acto de campaña en Ferrol, despois de que se publicase que Feixoo estaría aberto a un indulto a Puigdemont condicionado a que sexa xulgado e rexeite a vía unilateral e de que, instantes despois o PP matizase que as súas condicións "non se deron cos indultos do procés".

Despois de meses de oposición radical á amnistía e dun discurso moi duro contra o independentismo, a dirección popular recoñeceu que consideraba necesario "un plan de reconciliación para Catalunya", enmarcando nese plan os hipotéticos indultos.

 

O xiro de Feixoo e os populares, recuperando o discurso da reconciliación, coincide coa advertencia que Puigdemont lanzou esta pasada quinta feira nunha carta dirixida ás eurodeputadas. Nela, o expresidente suxeriu que Junts recibira ofertas secretasdo PP durante o verán, cando os independentistas aínda non decidiran se apoiarían a investidura de Pedro Sánchez.

Para a líder do Bloque, na campaña das eleccións galegas o PP "apertou o botón do pánico" e "está absolutamente desnortado". "O que nos está dicindo co seu nerviosismo é que un puñado de votos poden decantar a presidencia cara ao BNG", reivindicou.

Así, insistiu en que "o importante" é unir na papeleta do BNG "todo ese voto que quere cambio". "Creo que Feixoo é cada día máis pasado, o PP vai ser pasado o 18 de febreiro e a Galiza vai ter un goberno que mire para o futuro con esperanza, con ilusión e traballando por mellorar a vida das persoas", concluíu.

 

Comentarios