Un Plan de Descontos para a AP-9

@s deputad@s do BNG no Congreso español, presentaron unha iniciativa parlamentar encamiñada a instar ao goberno español a negociaren coa concesionaria da AP-9 un Programa de Descontos. O vindeiro día 1 de setembro, a suba do IVE incrementará máis unha vez o custo das portaxes.

Após a suba do prezo das portaxes o pasado 29 de xullo, o incremento do IVE aprobado polo goberno de Rajoy encarecerá aínda máis o seu custo a partir do vindeiro sábado. Asemade, @s usuari@s das autoestradas non son beneficiari@s de ningún desconto en condición de desempregad@s, xubilad@s ou estudantes.

@s deputad@s do Bloque Nacionalista Galego no Congreso español, veñen de presentar unha iniciativa parlamentar encamiñada a negociar coa concesionaria da AP-9 --a empresa AUDASA-- a aplicación dun Plan de Descontos. Neste senso, o nacionalista Francisco Jorquera, lembrou ao goberno do Partido Popular que en marzo de 2011 o seu grupo parlamentar votara a favor unha proposición non de lei achegada polo BNG "que instaba ao Goberno a realizar as xestións precisas ante AUDASA para que a Autoestrada do Atlántico incluise un Programa de Descontos". Porén, nin o actual goberno nin a Xunta de Galiza teñen feito nada neste sentido.

Jorquera fíxose eco no Congreso d@s deputad@s do malestar d@s usuari@s que asemade, "padeceron un verán de chamativos atascos e un pésimo servizo da concesionaria” aseverou o nacionalista.

O candidato á Xunta de Galiza polo BNG, recuncou na necesidade de reducir os prezos das autoestradas en tempos de crise económica polo que instou ao Ministerio de Fomento a preocuparse pola aplicación dun Plan de Descontos na AP-9, para o que urxe o inicio dun proceso de negociación coa empresa concesionaria.

Comentarios