xoves 02/12/21

A Xunta prevé desmantelar dous centros de ensino secundario en Lugo e Ourense

O plan aprobado polo Consello da Xunta deixa aos IES As Mercedes (Lugo) e IES A Carballeira (Ourense) sen cursos de secundaria e bacharelato. Os grupos da oposición exixiron na Cámara que o PP free a desintegración e garanta "un ensino público e de calidade" como demandan as ANPAS e comunidade educativa. 

Sentada do estudantado do IES As Mercedes en Lugo contra a desintegración do centro
Sentada do estudantado do IES As Mercedes en Lugo contra a desintegración do centro

A situación xa era coñecida. En Lugo o IES Politécnico viviu a pasada lexislatura a mesma situación que agora se repite nas Mercedes. Un barrio que en troca do que poida semellar aumenta en número de habitantes. Porén, a Xunta de Galiza deixará sen ESO e bacharelato ao alumnado para crear un centro en que unicamente se cursen estudos de formación profesional. 

A comunidade educativa e as ANPAS rexeitan a medida que orbigará ao alumnado a se recolocar noutros centros. Aliás, a dirección do IES A Carballeira (Ourense) demitiu en bloque para denunciar as consecuencias socio-laborais do proxecto aprobado polo Consello da Xunta de Galiza. 

Máis unha agresión "contra o ensino público" que o PP defende como "xestión eficaz"

Os grupos da oposición exixiron ao PP frear os proxectos de desintegración en Lugo e Ourense porén, desde o partido no goberno aseguraron que a medida é "de eficiencia" e que após ser implementada "estamos seguros" que "será ben acollida"


O deputado nacionalista, Cosme Pombo, elevou ao Parlamento as reivindicacións [email protected] [email protected] pola desintegración de ambos os dous centros e exixiu á Xunta de Galiza a "parálise dos proxectos" mais tamén que sexan desbotadas "medidas semellantes en calquera outro centro" e que no caso de se desenvolver "mudanzas ou reconversións" estas se leven a cabo previa negociación coa comunidade educativa, as equipas directivas e "sobre todo", sinalou Pombo "co consello escolar e a mesa sectorial de educación". 

Porén, a medida --que conta coa oposición das forzas parlamentares e a poboación local-- foi defendida desde a bancada do Partido Popular argüíndo que procura "unha xestión eficaz" dos centros e mellorar "a oferta" educativa dos cursos de Formación Profesional. "É unha medida de eficiencia" que xerará "unha oportunidade para os propios centros", asegurou o deputado popular. Para a forza maioritaria están [email protected] que malia coñeceren "as molestias iniciais" que ao seu entender motivan as mobilizacións e oposicións aos plans de desintegración "a medida será ben acollida" pasado o tempo. 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

No entanto, o estudantado de Lugo prepara xa a seguinte mobilización. Após unha sentada que cortou o tráfico dunha das arterias da cidade, próxima ao IES As Mercedes, esta quinta feira desenvovlerán un parón nos institutos da cidade para exixiren o mantemento do ensino obrigatorio no centro. Pois como ditan as consignas coreadas [email protected] [email protected] "isto funciona, non o desintegredes". 

A Xunta prevé desmantelar dous centros de ensino secundario en Lugo e Ourense
comentarios