Ultimato de CDC a Unió sobre a independencia

Voceiros de Convergència emprazan a dirección de UDC a se pronunciar se está ou non a favor de integrar unha candidatura independentista de cara ao 27S.

photo_camera Artur Mas e Durán i Lleida

Convergència non quer medias tintas no seo da coligazón CiU sobre o proceso soberanista catalán, e CDC entende que a pregunta proposta no referendo interno de Unió sobre o ‘procès’, excluíndo a DUI, cae na ambigüidade. O coordenador xeral de CDC, Josep Rull, enfatizou que a posición de Convergència para as eleccións é presentarse co ‘si-si’ e quer saber se Unió tamén aposta nesta posición.

CDC quer, sinalan medios como Vilaweb, que no programa para esas eleccións se recolla o obxectivo dun estado independente para Catalunya. Se Unió non acepta, “actuaremos en consecuencia”, sinalan.

Consulta

A opción defendida por Durán i Lleida e a dirección de Unió Democrática de Catalunya (UDC) venceu na consulta feita por este partido entre as súas bases para se definir no proceso soberanista catalán. Mais foi unha vitoria cuxo resultado indica a división interna que se vive en Unió, a formación que xunto con CDC con forma CiU.

No referendo interno tomaron parte o 64% dos por volta de 4.000 afiliados do partido. 1.351 votaron un si na pregunta, na que se excluía a DUI, a declaración unilateral de independencia. Mais 1.226posicionáronse co ‘non’, defendido polo sector independentista da UDC. Unha diferencia -50,9% fronte ao 46,1%- que evidencia a existencia dunha fractura dentro de UDC.

Máis en Països Catalans
Comentarios