CATALUÑA

Multan a unha deputada de ERC por un autocolante no seu coche

Marta Vilalta foi sancionada pola Garda Civil en Aragón porque levaba preto da matrícula o 'Cat' que identifica o nome de Cataluña.

Estelada, bandeira pola independencia de Catalunya
photo_camera Estelada, bandeira pola independencia de Catalunya

Sancións por diferenciarse. Ou así o cren @s afectad@s. A Garda Civil multou o sábado por levar o autocolante 'Cat' na matrícula do coche á deputada de ERC no Parlament Marta Vilalta, que viaxaba xunto ao líder das mocidades do partido (JERC), Gerard Gómez del Moral.

A multa produciuse na estrada que une as ciades de Vielha e Lleida, nun dos tramos que pasa por territorio administrativo aragonés.

Segundo Gómez del Moral, “a patrulla estaba estacionada a un lado e arrincou ao pasar o coche conducido pola deputada, como se estivesen alí só para cazar aos cataláns que leven ese autocolante”. Na sanción, de 200 euros, a Garda Civil argumenta que as placas da matrícula “presentan obstáculos que impiden ou dificultan a lectura e identificación”.


 

Máis en Països Catalans
Comentarios