A militancia da CUP votará entre 4 opcións: 2 a prol de investir a Mas e 2 en contra

A formación independentista decidirá na Asemblea Nacional do 27 de decembro, aberta a simpatizantes, en Esparreguera de Llobregat a súa posición.

CUP catalunya asemblea

A CUP realizará o vindeiro 25 de decembro en Esparreguera de Llobregat unha asemblea nacional decisiva. A militancia da formación independentista volverá ser quen teña a palabra e a decisión, desta volta entre catro opcións, segundo adianta NacióDigital. Dúas das propostas supoñen aceptar a investidura de Artur Mas e outras dúas asumen ir a unhas eleccións anticipadas en marzo de 2016. O procedemento de votación irá descartando sucesivamente as propostas menos votadas entre as catro. Tamén se votará individualmente os termos da negociación con Junts pel Sí.

Na documentación remitida á militancia da candidatura anti-capitalista, detállase o sistema de votación que rexerá na asemblea (aberta a simpatizantes): ir eliminando as opcións con menos apoios até elixir unha por maioría.

As catro opcións

Opción A: aceptar a proposta de acordo político co obxectivo de avanzar de cara a crear unha República catalá a partir dunha folla de ruta de desconexión con España, un plan de choque de emerxencia social e un proceso constituínte popular e democrático. Aceptar un consello de presidencia encabezado por Mas.

Opción B: Rexeitar que Mas encabece o Consello de presidencia e tamén o acordo político. Esgotar a negociación para unha presidencia de consenso con plan de choque, folla de ruta pola ruptura e proceso constituínte para unha República catalá. Asumir que se vai a unhas novas eleccións se JxS non presenta outro candidato que Mas.

Opción C: favorecer a investidura de Mas para desbloquear a situación actual e facilitar o camiño cara á República catalá. Rexéitase a proposta de acordo político con plan de choque, proceso constituínte, a folla para a ruptura.

Opción D: Trasladar a Junts pel Si a responsabilidade de procurar apoios alén da CUP, e abstención no pleno de investidura. En caso de que JxS non logre eses apoios, asumir que se vai a unhas elccións anticipadas.

Máis en Països Catalans
Comentarios