Unha masiva cadea humana reivindicará a independencia de Catalunya unindo 46 vilas e cidades

Assemblea Nacional Catalana (ANC) e Òmnium Cultural convocaron para o 11 de setembro unha gran cadea humana que percorrerá Catalunya desde os Pirineos até o país Valenciá sumando centos de milleiros de persoas a prol da liberación nacional

Manifestación pola independencia en Catalunya

A cita é ás 17:15 do 11 de setembro en 46 concellos de Catalunya, desde El Pertús (perto dos Pirineos) até Alcanar (País Valenciá). A finalidade: sumar milleiros de mans nunha xigantesca cadea humana para reivindicar a independencia de Catalunya.

A Assemblea Nacional Catalana (ANC) e Òmnium Cultural convocan ara este 11 de setembro, unha data clave para o nacionalismo catalán, un gran acto de masas. “Unha nova mostra de forza do sobernismo que ensine o apoio popular que a independencia nacional ten en Catalunya”, en palabras de Carme Forcadell, de ANC.

"A Manifestación do 11-S de 2012 foi perfeita, non se pode superar, polo que o 11-S deste ano organizaremos a gran cadea humana pola independencia ao longo de todo o territorio", anunciaran hai unhas semanas desde ANC

Novo pulo

Para informar e apoiar esta iniciativa xa está en marcha desde unha web ( via.assemblea.cat ) até un HT #viacatalana. Os e as organizadores están convencidas do éxito da iniciativa e de que ducias de milleiros de persoas tomarán parte activamente na mesma.

Cómpre lembrar que en Euskal Herria tamén se convocou, aínda que para facer en 2014, unha gran cadea humana a prol do dereito de autodeterminación que unirá as vilas de Durango (Bizkaia) e Iruña (Nafarroa). As previsións son que se sumen a esta marcha máis de 50.000 persoas.


 

Máis en Països Catalans
comentarios