O Sergas deixa na cuarta parte do mínimo fixado pola OMS as camas para hospitalización psiquiátrica

O Movemento galego da saúde mental considera que coa decisión de desmantelar 21 camas una unidade de hospitalización pisquiátrica do Hospital Gil Casares, o Sergas reduce ''dun só golpe o 40% das camas da Área Sanitaria de Compostela''.

sergas
photo_camera sergas

O Movemento galego de saúde mental denuncia que o Sergas vai proceder a “pechar 21 camas de hospitalización psiquiátrica no Hospital Gil Casares”, en Compostela. Unha decisión que supón “que por primeira vez dende hai mais de trinta anos vanse ver reducidos os recursos asistenciais de atención á saúde mental na Área de Santiago”.

O movemento sinala que este desmantelamento de camas é o comenzo da desaparición desa Unidade de Hospitalización, “agora aínda mais necesaria ante o deterioro da saúde mental que estamos a vivir como consecuencia da xestión da crise, do empobrecemento de amplios sectores da poboación, e da ausencia de futuro para moitas persoas”.

Organización Mundial da Saúde (OMS)

“Pechar as camas do Gil Casares é reducir dun só golpe o 40% das camas da Área Sanitaria, e deixala dotada ca cuarta parte do mínimo proposto pola OMS para unha poboación como a da Area de referencia de Santiago”. Esta é unha das denuncias fundamentais en relación o desmantelamento de camas. O movemento non descarta encetar mobilizacións.

Máis en OPINIÓN
Comentarios