Editorial Sermos314

Editorial Sermos314: Mans arriba!

en 2021, 70% do total de accidentes mortais tivo como protagonistas vehículos de máis de dez anos (Foto: Nós Diario).

A da AP-9 é unha das grandes estafas que padecemos na Galiza. Unha vez que Pedro Sánchez levantou o veto ao debate da Lei de transferencia da autoestrada —que levaba dous anos de atraso—, cómpre saber que posición defenderá o presidente do Goberno central, se vai permitir que xestionemos nós unha infraestrutura que, desde a súa posta en servizo, xerou 2.700 millóns de euros ou se vai optar polo veto que defendía Mariano Raxoi.

A transferencia da xestión da AP-9 é un paso indispensábel para poder rematar co roubo dunhas peaxes que acumularon unha suba de 26% só nos últimos oito anos. A autoestrada que percorre 220 quilómetros entre Ferrol e Tui é un dos negocios do século, de aí que fondos voitre internacional pelexen polo seu control. Ano a ano, esta infraestrutura chave no país outórgalle aos propietarios 140 millóns e a concesión non caduca até 2048. Cando o faga, os ingresos terán multiplicado por catro o custo de construción da vía, taxado en 1.430 millóns.

A autoestrada que percorre 220 quilómetros entre Ferrol e Tui é un dos negocios do século, de aí que fondos voitre internacional pelexen polo seu control

A da autoestrada non é a única estafa legalizada que soportamos na Galiza. Malia sermos un país produtor de enerxía, pagamos pola luz como se fose un artigo de luxo. Tamén estamos á cabeza en prezo de combustíbel, a pesar de soportar a contaminación dunha refinaría na Coruña. Iso si, na listaxe dos salarios e das pensións seguimos na cola.

Máis en OPINIÓN
Comentarios