Editorial #Sermos306: Feixóo sobrevoa un partido dividido

Feijóo con Baltar (Foto: PPdeG)
photo_camera Feixóo, con Baltar, o xefe do partido en Ourense

Finalmente gañou Pablo Casado o congreso do PP, mais do ponto de vista galego o dato fundamental que fica da cimeira conservadora non é ese, senón a constatación da profunda división interna que vive o partido na Galiza. Podemos dicir con absoluto rigor que no noso país o PP, máis que un partido, é un movemento socio-político e que, como tal, é tan diverso como diversa é a base material que nos conforma como nación. Non hai un só PPdeG, hai varios PPdeG. E non falamos só de Ourense. A división é máis complexa  e non remite só ao territorial. Ten a ver con distintas formas de aplicar o libreto conservador —desde o tardo-franquismo sociolóxico até o talante máis ou menos centrista— e até tamén diferentes modos de concebir o país —sempre, iso si, visto como un apéndice de España.

Ante esa diversidade, Fraga optou polo modelo de pater familias, deixando facer. Feixóo, máis blindado mediaticamente que o pai fundador, quixo facernos comungar co mito de que el abolira as taifas galegas. Acabamos de ver que ese mito é falso e que Feixóo está lonxe de ter o control absoluto do partido no país.
 

Máis en OPINIÓN
Comentarios