martes 21.01.2020

O goberno central fixa un imposto sobre o aire acondicionado

Entrará en vigor en xaneiro e o executivo español prevé recadar máis de 340 millóns de euros

O goberno central fixa un imposto sobre o aire acondicionado

Imposto sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro. Este é o nome do novo imposto que aprobou o goberno español e que entrará en vigor en xaneiro de 2014. Tras este complexo nome o que se grava con este imposto é o aire acondicionado. Feitos os cálculos, o executivo de Rajoy conta con recadar 340 millóns de euros con este novo gravame, segundo informan no diario español El Mundo.

Esta medida xa foi publicada no BOE e establece que os fabricantes e maioristas destes gases destinados áa refrixeración sexan os encargados de pagar o novo tributo, e farano mediante unha liquidación trimestral que estarán obrigados a presentar ante Facenda

comentarios