Sermos279

Editorial: Arredor do colapso das urxencias

Colapso urxencias. Asociacion de pacientes e usuarios do CHUS
photo_camera Corredores cheos de doentes

Hai algunha razón para que un país, Galiza, que produce por volta de 58 mil millóns de euros ao ano contemple como os servizos de urxencias dos hospitais públicos se vexan literalmente desbordados durante os picos da gripe? Non hai ningunha razón, temos suficiente nível de riqueza para atender ben as persoas doentes. Se non se fai é porque o Goberno galego ten outras prioridades, entre elas a de favorecer o sector privado da sanidade.

Estamos en mans das tesouras de Montoro, que agora nega máis de 300 millóns de euros ao silente Feijóo

 

O colapso das urxencias -do que damos cumprida conta neste Sermos279- é perfeitamente evitábel. Ten a ver con dous fenómenos, ambos de natureza política. O primeiro, que o goberno galego está en mans dun partido neoliberal que non acredita no público e que está aquí para privatizar. O segundo, que o financiamento dos servizos públicos galegos é absolutamente insuficiente. Estamos en mans das tesouras de Montoro, que agora nega máis de 300 millóns de euros ao silente Feijóo.


Necesitamos reforzar os servizos públicos para mellorar as prestacións sanitarias. Nesitamos o pleno autogoberno fiscal e financeiro. Urxentemente.

Máis en OPINIÓN
Comentarios