Wikileaks proba como Israel aplica plans económicos para afogar a Gaza

Documentos difundidos pola web de Assange demostran que Tel Aviv planifica operacións para que a poboación da Faixa “funcione en precario, só un pouco por riba da crise humanitaria”.

Palestina
photo_camera Palestina

“Autoridades israelitas confirmaron en diversas ocasións aos funcionarios da Embaixada (dos Estados Unidos) que a intención do goberno de Israel é manter a economía de Gaza a funcionar num nivel precario, só un pouco por enriba dunha crise humanitaria”. Este é o primeiro parágrafo dun telegrama enviado pola Embaixada dos EUA en Tel Aviv para Washington a 3 de novembro de 2008, divulgado polo web Wikileaks o pasado 4 de agosto.

Documentos da embaixada americana falan de uso de palestinos como escudos humanos ou do bombardeo de hospitais

O telegrama forma parte dunha serie de documentos divulgados polo medio dirixido polo australiano Julian Assange sobre o conflito entre Israel e Palestina. Entre os asuntos abordados na correspondencia da Embaixada en Tel Aviv estivo a creación de Hamas, o uso de palestinos como escudos humanos polo exército de Israel, o ataque deliberado a civís em Gaza, o bombardeo de hospitais e o corte de fornecemento de medicamentos aos habitantes de Gaza.

Alén da forza militar, o bloqueo israelita a Gaza limita o accceso de moitos xéneros alimenticios, combustíbeis e medicamentos ao territorio palestino. Con isto, a infraestrutura local funciona no límite, informa um telegrama enviado a 18 de setembro de 2009. A falta de medicamentos compromete a saúde en Gaza e a estrutura eléctrica e de saneamento, un afogamento que Israel aplica de forma propagada sobre a Franxa, onde nas últimas semanas foron asasinadas case 2.000 persoas.

Máis en Mundo
Comentarios