ESTADO

O sucesor de Bárcenas confirma que cobrou sobresoldos no PP

Cristóbal Páez declara ante o xuíz Ruz durante dúas horas e confirma a información que aparece nos papeis do ex tesoureiro do PP, que cualifica de “gratificacións”

O xerente do PP estatal en 2009 e 2010 Cristóbal Páez recoñeceu ante o xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz a veracidade dos apuntamentos referidos á súa persoa nos denominados “papeis de Bárcenas”, que cualificou como “gratificacións”, segundo fontes presentes na declaración.

Nestes documentos aparece un apunte relacionado con Páez, que sucedeu temporalmente a Bárcenas cando este deixou a tesourería do PP en 2009. Trátase dunha anotación do 2 de xuño de 2008 que reflicte un pago por un total de 6.000 euros, un sobresoldo que sería asumido como real polo que foi xerente da formación de Mariano Rajoy e Núñez Feijóo.

A declaración de Páez prolongouse durante dúas horas e foi a segunda da mañá, tras da comparecencia do caixeiro do PP Antonio Ortiz, quen negou haber ter coñecemento do pago de sobresoldos no PP cunha contabilidade B.

Posteriormente era a quenda da declaracións dos ex secretarios xerais do PP, Francisco Álvarez Cascos e Javier Arenas.

Máis en Mundo
Comentarios