Os socialistas franceses aproban unha reforma laboral que facilita os despedimentos

A nova lexislación que apoia o gobernante PSF -equivalente ao PSOE- elimina as penas de cárcere a empresarios que obstrúan dereitos sindicais “porque emitía un sinal negativo aos inversores”, segundo afirmou o ministro de Economía.

Hollande
photo_camera Hollande, presidente de Francia

A Asemblea Nacional francesa aprobou este domingo unha reforma laboral que, entre outras medidas, acelera os xuízos do ámbito laboral e facilita o despedimento de traballadores. Por exemplo, a nova lexislación acaba coas penas de cárcere -de até un ano- para os empresarios que obstrúan o traballo dos sindicatos por exemplo ao non informarlles de despedimentos, fusións ou adquisicións. 

"Este castigo era inútil e non se aplicaba e ademais emitía un sinal negativo para quen quixese investir en Francia", afirmou o ministro de Economía, Emmanuel Macron, durante a defensa da lei na Asemblea Nacional. En Francia goberna o PSF, o equivalente ao PSOE no Estado español.  

Dous días antes xa se aprobara unha reforma da regulación comercial para facilitar a apertura en domingos. Ambas iniciativas -moi discutidas por algunhas forzas de esquerda e sindicatos- deberán ser aprobadas definitivamente nunha votación prevista para a terza-feira e teñen como obxectivo “demostrar o compromiso do Goberno coas reformas” segundo afirman desde o Elíseo.

Máis en Mundo
Comentarios