Rajoy anuncia máis medidas económicas "difíciles" para este ano

Na clausura da Asemblea Xeral da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) o presidente español asegurou diante d@s empreari@s que haberá novas actuacións co obxecto de "medrar e crear emprego". Agradeceu a actitude "dos españois pola súa profunda solidariedade".

Coa espada do euro por riba da súa cabeza e diante da asemblea da CEOE, Mariano Rajoy descubriu que pensa realizar máis axustes e cambios no que queda de ano. "Faremos todo o necesario para que España gañe a competitividade e flexibilidade que permitirán crear emprego de novo", asegurou. No seu discurso, o presidente do Goberno español dixo que "estamos no bo camiño e imos cumprir até o final", engadiu. Botou man dos números das grandes empresas que traballan no exterior nos sectores de telecomunicacións, servizos e seguros para afirmar que "hai que aproveitar as nosas fortalezas".

Das liñas do seu goberno insistiu na estabilidade orzamentaria, as reformas económicas nacionais e europeas, a solución aos problemas de financiación e liquidez e a profundización na maior integración europea. Por iso Rajoy anunciou que habería reformas económicas "pronto, ao longo deste ano". E non agachou que serian "difíciles". habrá nuevas medidas económicas que no tendrán más objeto, por difíciles que sean, que crecer y crear empleo". Dixo que prestaría especial atención na profundización do mercado interior único, a movilidade dos traballadores e "todas aquelas reformas que favorezan o desenvolvemento e crecemento das pymes".

Máis en Mundo
Comentarios