Rajoy perdería a maioría absoluta segundo unha enquisa

A situación económica e a política do PP diante da crise quitarianlle 18 escanos segundo unha enquisa publicada polo xornal "El Periódico"

Mariano Rajoy no Senado

As últimas actuacións do goberno de Mariano Rajoy como o rescate da banca privada e a política de repago pásanlle factura ao PP no Congreso dos Deputados. Segundo unha enquisa publicada hai unhas horas polo xornal "El Periódico" o descontento da cidadanía levaría por diante a maioría absoluta que obtiveron hai uns meses se hoxe se celebraran eleccións. Segundo os datos facilitados por este medio o PP perdería seis puntos (18 escanos) polo que pasaría dos 182 actuais a 168/172. Os partidos que se beneficiarían neste caso serian IU-ICV, UPD e o grupo mixto no que se atopa o BNG.

Máis en Mundo
Comentarios