ESPAÑA

Rajoy non descarta inxectar cartos públicos para sanear a banca

Tras sinalar hai un mes que ''non hai diñeiro para os servizos públicos'', o presidente do Goberno español vén de anunciar a súa intención de destinar cartos públicos para rescatar a banca. As novas medidas no sector financeiro aprobaranse a vindeira sexta feira

"Non hai cartos para atender o pagamento dos servizos públicos", dixo o presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, a mediados de abril. Nesta segunda feira, case un mes despois, manifestou a súa disposición a inxectar diñeiro público para rescatar a banca. O conservador, que se atreveu a lle pedir á cidadanía "uns poucos euros", informou agora de que a súa intención é prestar diñeiro a algunhas entidades financeiras para sanealas.

"A miña última intención sería prestar cartos públicos, mais se fose necesario eu non renunciaría como fixeron outros países europeos", dixo Rajoy nunha entrevista na radio española na que anunciou que nesta sexta aprobará as novas medidas sobre o sector financeiro, que se recollerán nun Real Decreto cuxo obxectivo, dixo, é despexar as dúbidas que pesan sobre a banca para que poida financiarse no exterior.

Máis en Mundo
Comentarios