Morreu Santiago Carrillo

O ex-dirixente do Partido comunista español finou nesta terza feira aos 97 anos mentres durmía a sesta. Un dos seus últimos actos públicos foi un almorzo con El-Rei en lembranza do 23-F, en 2011

Santiago Carrillo, histórico dirixente do Partido comunista español, finou esta terza feira aos 97 anos de idade entrementres durmía a sesta, segundo confirmaron fontes familiares. No PCE foi secretario xeral entre 1960 e 1982.

"Xubilado da militancia, mais non do mundo da política", como dixo de si propio, anunciou a retirada da política activa en 1991, desde entón sufriu até sete ingresos hospitalarios, mais ficou activo até o último momento, desde a súa sinatura en artigos xornalísticos, até a publicación de libros e os almorzos con El-Rei.

Así, os últimos actos aos que asistiu o ex-dirixente comunista foron no Congreso [email protected] [email protected] Un deles en homenaxe a Jordi Solé Tura, un dos pais da Constitución española; o outro, un almorzo en lembranza do 23-F celebrado cadrando con esa data en 2011 e que estaba presidido por Juan Carlos I.

Desde a infección de ouriños que o levou ao hospital en outubro do ano pasado a súa única aparición pública foi con motivo da morte en marzo deste ano de Domingo Malagón, quen axudara moitos militantes comunistas a fuxir da represión da ditadura falsificándolles a documentación.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios